2011/04/26

O CASO BAULUZ

Ben, o tema que vou a intentar tratar é o caso Bauluz nombrado por Arcadi Espada do que xa todos teredes unha simple idea e do que pretendo dar a miña visión ante tremenda farsa. 

  Javier Bauluz é un fotoperiodista español que é mundialmente recoñecido pola calidade das súas fotografías, como o marcan premios como o Pulitzer. Ademais imparte clases na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona e entre os seus traballos está o de vicepresidente dunha ONG e o de director do Taller de Periodismo da Universidade de Oviedo desde 2001 . Mostra unha gran preocupación polo terceiro mundo e manifestao nas súas fotografías e libros entre os que destaca “Ruanda, amor en tiempos de cólera”. Outro aspecto da súa biografía é unha publicación na portada do “New York Times” e diversos medios de España, 
Brasil, Alemania, Australia, Francia, etc coa que gañou o Premio Godó de Fotoperiodismo en 2001.

                                       

  Na fotografía podemos observar unha parella na Praia de Tarifa que semella mostrar unha gran indiferencia sobre o cadáver dunha inmigrante que se atopa a escasos metros deles, o primeiro que pensamos o ver tal atrocidade é que esas persoas non teñen sentimentos. Son mostrados á sociedade como símbolos da <<indiferencia do primeiro ante o terceiro mundo>>, como se aquela persoa atopada na praia non merecese de eles nen sequera unha mirada de compaixón. Gran traballo desde logo facernos caer en tal engano. Analizando con máis detemento a situación atopamos varias posibilidades: A primeira é que a parella de bañistas non se decataran da presencia do cadáver; improbable, estamos a falar dunha persoa que estaba a “escasos metros”, algo asi veríase desde a outra punta da praia. A segunda posibilidade é que a parella si mostrara esa indiferencia como nos retrata Bauluz;  si, pode ser, non podemos descartalo posto que non podemos coñecer a súa personalidade nin saber o que estaban pensando nese momento, pero se temos estas dúas en conta chegamos á terceira posibilidade; os bañistas eran conscientes do que estaba sucedendo e simplemente foron utilizados como títeres, manipulados para defender unha idea.




  Esta é outra fotografía sacada polo mesmo Bauluz “ Vista general sobre la playa” que mostra a realidade do que estaba a pasar ese día, na que podemos ver unha distancia considerable entre a parella e o cadáver . Con palabras de Arcadi Espada no seu artigo publicado na revista Lateral http://issuu.com/verpuerto/docs/vista_general_sobre_la_playa reafirmo a miña posición de que a outra fotografía foi un engano “Si se abre el ángulo y lo que se muestra es contradictorio con el original seleccionado , entonces la foto es falsa”, “El propio Bauluz reconoce que la Guardia Civil trazó un circulo en torno al cadáver y no dejaba que nadie no autorizado lo traspasara”, “El material demuestra que la cercanía entre el cadáver y la pareja es un mero efecto óptico provocado por el fotógrafo”.

  Agora ben, non notades un aspecto deste tema relacionado coa polémica que estamos a tratar? Para min esta fotografía é un caso bastante semellante o discutido P.S de Rico,  defender unha idea propia cunha licencia para fortificala ante a sociedade, para que nos pensemos, si o que di é certo toda a idea en si tamén debe selo, para entendelo mellor, sería como o asunto da lei antitabaco, ó ler a última frase a idea de que a lei antitabaco non é unha boa opción reafirmase. Polo tanto, na fotografía se esa parella mostra tal indiferencia, debe ser certo que esa indiferencia hacia o terceiro mundo existe, é dicir, a idea de Bauluz reafirmase. Pero seguimos co mismo problema, o medio no que estas ideas se están trasmitindo é un medio de comunicación e información, e por tanto, non son lugares nos que teñan cabida licencias nin fotografías manipuladas, o único que pode existir nos medios de comunicación é a realidade, a verdade pura e simple. Aínda así, si podemos denotar unha diferencia entre Rico e Bauluz. Rico minte acerca dun aspecto propio, pero na fotografía quen está debaixo desa sombrilla non é Bauluz senón dúas persoas que non temos  a certeza de que estivesen colaborando co fotógrafo, dúas persoas que saíron nun xornal como imaxe dun primeiro mundo despreciable que non se inmuta nin ante a morte, dúas persoas que de seguro saíron perxudicadas. Por último quería decir que non estou en absoluto desprestixiando os ideais de Bauluz posto que penso que poderia decir que estou de acordo con eles, aínda que é un tema complexo para tratar neste momento, pero non aprobo para nada o descaro e a manipulación co que traballou este caso, enganando á sociedade e recibindo premios por iso.

P.D: Desculpas se o meu comentario é tan subxectivo como o foi a súa fotografía.


Por María Fernández el Novo Blog de Filosofía el 26/04/11 




[[[[[[[COMENTAR]]]]]]]

2011/04/22

Vigalondo

Vigalondo é un actor e cineasta cántabro, que formou unha revolta con unhas frases que dixo polo twitter, ainda que concretamente a que máis revolta creou foi a primeira: "¡El holocausto fue un montaje!" e "La bala mágica que mató a Kennedy aún no ha caído al suelo". Con estas frases formouse un gran problema que foiselle das mans. foi o 28 de febreiro deste mesmo ano, e  ó principio algunhas persoas tomárono como unha broma de mal gusto, pero o fin e o cabo unha broma, pero a consecuencia foi que outras moitas non o tomaron así e foi cando se desatou a polémica e co paso do tempo foi collendo un rango de drama. 
Por todo o acontecido, o diario ElPaís cerroulle o blog e cancelou toda a campaña de imaxe que tiña co actor e chamaron a Nacho, e na súa defensa dixo que era inocuo, hai xente que o entende ó revés, pero iso pasa con todo, vamos. Afirmou o cineasta, aparte diso comentaron que quen o coñece sabe que non hai que tomarse esto en serio, pero hai a persoas ás que lle afecta este tema. Vigalondo ten sentido do humor o contrario que o diario ElPaís e por iso cerraronlle todo, aparte diso moitos internautas criticaron por sensacionalistas. A Nacho Vigalondo, no fondo estas críticas facíanlle dano porque el non quería isto que está sucedendo e apoiábase nos amigos e familiares que o defenden, aparte de alguns que están ó favor de que o que dixo foi unha broma, pero as persoas que o apoiaban so estaban presentes en internet.
O cineasta puido continuar o seu blog en Lainformacion.com, pero non quixo. Coa rede social Twitter, pódense marcar etiquetas nos comentarios como: "humor" ou "tonterías que din os fascistas" e se fixese iso, o que dixo non se ía interpretar da maneira en que se fixo.
Ainda que amin hai unha cousa que me chama a atención, neste país hai liberdade de expresión? porque a xente de confundir a liberdade de expresión con liberdade de eloxio, unha mala cousa na nosa época.
Xente que o defende di que resulta tan evidente que se trata dunha broma que en realidade o que se está parodiando é a actitude de certos negacionistas e conspiranoicos que casi asusta máis a estupidez da sociedade na que vivimos. Isto foi publicado días despois do sucedido. É moi grave por algo tan basurdo unha persoa perda un traballo e linchada publicamente, porque si foxe unha persoa que o dixese na calle, farianlle iso? Entón é que nos nosos tempo só manda o mercado é a imaxe? Porque o tema de Vigalondo é evidente que solo desde a mala fe e unha visión extraordinariamente restrictiva da liberdade de expresión se pode entender que o que él dixo sexa reprobable, aínda que estou dacordo con que o tema non é 100% de liberdade de expresión, pero  por iso o estado non o vai perseguir por iso. Vigalondo ten dereito a decir o que dixo, a que se lle entenda e a que se lle respete. Volvo a recalcar neste punto que me parece interesante, a liberdade de expresión e pensamento da que tanto se alardea nas nosas sociedades modernas  occidentales resulta cada vez máis relativa. 
Nacho Vigalondo, despois de intentar defenderse, decide tirar a toalla e pide disculpa polo que está causando o seu twett. É di que non é antisemita nin negacionista, e dixo tamén que non foi a declaración dun revisionista, senón que é a parodia dunha actitude así.

 Por Cristian Regueiro el Novo Blog de Filosofía el 23/04/11 

2011/04/05

Antecedentes da polémica


Para ter máis coñecemento sobre a rivalidade e a polémica na que participan Arcadi Espada, dende as páxinas de El mundo e Javier Cercas, dende as de El País, temos que coñecer os antecedentes.
  A polémica arranca de lonxe, cando Arcadi Espada criticó a primeira novela de Cercas, Soldados de Salamina, unha novela que reflexiona en torno ó que fai que alguén sexa simplemente una boa persoa, un heroe. El libro trata dunha historia finxida dun periodista que trata de escribir a historia do frustrado asasinato de Sánchez Mazas, o ideólogo da Falanxe, por parte dos soldados republicanos no final da Guerra Civil; Cercas conta como Mazas puido escapar do seu destino grazas a que un soldado deixou que marchase encubrindo o seu voo fronte ós seus compañeiros. O periodista, tamén chamado Javier Cercas, encontra a Miralles, un vello excombatente de Lister, nun asilo do sur de Francia. Habilmente, o escritor deixa ver que naquel vello, agora un pouco amargado polo declive inevitable da súa vida, late un gran tipo. A razón de esta distinción radica en que Miralles foi o soldado que, fai anos, puido encañonar a Mazas engordando un pouco máis a lista de mortos da guerra, pero non o fixo, sencillamente porque non quixo facelo. Era un soldado de Lister, comunista e posiblemente stalinista, seguramente acostumado a ver sangue, pero pareceulle que matar a un home asustado e en retirada, cumplindo, iso si, coas ordes da sociedade ás que debía servir, simplemente non estaban ben. Fronte á razón da guerra que impón a morte do inimigo, o soldado elixiu o coidado. A propósito do éxito editorial desta novela, o 23 de marzo Espada comenta no seu blog: “Si irritantes son sus trampas retóricas, mucho más lo es su moralina: la novela tranquilizará a todos los papas antifranquistas, porque comprobarán que sus retoños no se han movido un paso del lugar, maniqueo y sentimentaloide, adonde ellos llegaron”. A partir disto, houbo filosofías varias sobre a realidade e a ficción.
  Por agora estamos a falar de literatura, pero que pasa co xornalismo? Espada denuncia como o verosímil substitúe o veraz nos xornais, de como as técnicas novelísticas pouco a pouco foron desprazando ás xornalísticas. Na súa columna por medio de múltiples recortes da prensa do 2010, Espada mostra a entrada da ficción no xornalismo escribindo frases coma: “En cuanto al periodismo, grábese en letras de molde, suya es la infección, no la ficción” ou “Lo verdadero y lo verosímil no pueden confundirse en un discurso: cuando está uno no está el otro, a la manera del ser y la muerte. Si hubieran leído a Aristóteles lo sabrían». Según Espada, nas páxinas dos xornais os feitos vanse aledando á medida que os feitos ficticios contaminan a realidade. Houbo un día de decembro do 2010 no que Espada dixo: “Yo no tengo enemigos, porque yo sólo discuto sobre las ideas. Pelearse dura e irrespetuosamente con las ideas hasta el fondo, exprimirlas hasta el odio para que ni una gota (de odio) salpique a los hombres”. Quero resaltar a frase “salpique a los hombres” porque á fin de contas o odio contra Cercas apareceu reflexado na súa columna, co que eu chamaría envexa. Pero a polémica foi a máis, tanto que nós, uns alumnos que cursamos bacharelato, que fai uns días ignorábamos ou ben mostrábamos indiferenza ante a existencia de Cercas e de Espada, vémonos envoltos nunha complexa anatomía sobre esta.

Por Salamina el Novo Blog de Filosofía el 05/04/11 

2011/03/31

Analizando a polémica

A impostura dun fumador: Neste artículo de opinión, Milagros Pérez Oliva contanos, como periodistas van en contra do escrito feito por Francisco Rico, sobre a seu P.S. de que nunca fumou un pitillo. Tempo despois chegáronlle moitos correos a autora deste escrito sobre todo de médicos, eran cartas de protesta. Logo disto escritores e periodistas debáten este tema, pero só se soubo preguntándolle o mesmo Francisco Rico: o P.S. só era un unha pequena proba coa que quería comprobar a xente que denunciaba o seu escrito. Él non escribiu facendo unha autobiografía senon sendo un persoaxe. As persoas que o comentan serían non fumadores ou que non teñen relación co tabaco. Por iso a súa principal estratexia era cuestionar os estudos sobre o tabaco. Dende o meu punto de vista Francisco Rico foi moi astuto a hora de escribir o artículo, porque así sabría que postura tomaban fumadores e xente non relacionada co tabaco, quitando as protestas dos médicos. Polemizouse tanto con isto porque él en realidade fuma moitísimo. Para min él fixo ben, foi máis áxil que o resto e por iso saiu gañando, algúns escritores deféndeno, ainda que sexan rivales. A pesar das críticas, él só quería saber que facía a xente logo do P.S. fixo o seu artículo mediante unha forma literaria espectacular, e a xente non a entendía, por iso as protestas. Non di mentira ningunha, usa prefectamente o recurso literario e saca unha discusión fronte ó tabaquismo.


  Por Cristian Regueiro el Novo Blog de Filosofía el 29/03/11 


[   COMENTAR   ]

2011/03/29

Orixe da polémica

 Todo comezou por un artículo publicado polo académico Francisco Rico na sección de opinión do xornal ''El Pais'', neste artículo criticou a lei anti-tabaquismo e para dar maior credibilidade á súa argumentación, escribiu que na súa vida nunca había fumado un cigarrillo. De súpeto saltou a polémica, porque sí fuma, e moito. En vez de recoñecer que había metido a pata, Rico xustificase dicindo que era un recurso literario. Na súa defensa saíu Xavier Cercas, que sostiña que o periodismo é un exercicio de comprensión imaxinativa do presente.


   Neste momento entra na polémica Arcadi Espada, periodista e intelectual español que opina que o uso deliberado da mentira nun artículo periodístico e o mesmo que enganar ó lector, pensa que a utilización dunha falsedade para aportar consistencia a un argumento é máis propio dun charlatán ca dun intelectual. Ante este ''recurso literario'' de Rico, Arcadi Espada publica un artículo inventado sobre a detención de Cercas nun prostíbulo de Arganzuela para demostrar se esa mentira lle parecía unha ironía literaria. Esta resposta de Arcadi Espada compón ó corpo da polémica que se desenvolve entre ambos intelectuais.




    *Próximamente análise dos argumentos aportados por cada periodista.


2011/03/15

Teoría e realidade da ley contra o fumador

Pode que non completamente, pero en aspectos importantes da "Lei 42/2010 de 30 de decembro, polo que se modifica a Lei 28/2005, do 26 de decembro, as medidas sanitarias contra o tabaquismo", etc, etc, é un golpe contra a liberdade, un sinal de estupidez e covardía. Vexamos, moi brevemente, en partes, e cada un con só un par de calas.
     Golpe Baixo. Deixando de lado que non poucos dos argumentos contra a falta de tabaco de rigor científico e son simplemente o resultado da ignorancia, polos actuais lagoas na investigación. (Como cando hai uns anos o aceite foi considerada malo para o colesterol e foi eliminado da "dieta mediterránea saudable", que hoxe é, polo tanto, pesan as súas virtudes). Ademais, admiten que a prohibición de fumar en moitos lugares públicos é unha medida sensata. En moitos casos, si, todo ben, pero en todos?
     Ós fumadores, son privados da entrada en  multitude de sitios , mentres que ninguén está obrigado a ir a bares ou restaurantes que escoller. Cal é o problema para os fumadores, clientes, empregados e propietarios, teñen lugares onde os non fumadores son libres para non adherirse? Todos poden facer da súa capaun saio, contra a súa vontade non é motivo para protexer os perigos vagos. Máis tres cuartos dos españois supón a existencia de bos locais para fumadores. A lei de marras é unha restrición efectiva da liberdade e un obstáculo para o conlevancia.
     Estupidez. Os redactores da lei confirman clamorosamentea opinión de que os políticos teñen a maioría dos cidadáns. A torpeza preside realmente na lista de espazos vedados ó tabaco.Está claro que o lexislador está a apuntar a eles de forma aleatoria, xa que pasou pola cabeza, sen preocupación de orde e coherencia.
     O sétimo artigo, así, catálogos de tales espazos dende a letra A ao X. Ao chegar á R menciona "estacións de servizo e similares." Entón, na medida en que introduce unha disposición universal e ampla: "Calquera outro lugar en que, por mandato da lei ou outra lei ou por decisión do seu propietario, non fumar." Parece que non debe ser só a cousa. Pero non, o inventario de volta á lista, incluíndo: "Hoteis, pousadas e establecementos similares, e así por diante. Para rematar maxestosa: "En todos os outros o uso interno ou colectivo." En comparación, a enciclopedia chinesa de Borges é un modelo de lóxica: "Os animais foron divididos en / pertencen ao emperador, b / embalsamamento, c / manso, d / leitões ...".
     Das luces que mostran que os parlamentarios culpables do texto é suficiente só outro espécime: como o artigo oitavo, que quere un pequeno hotel no seu cuarto non ten que deixar isto para que o  camareiro a serva e volver a entrar cando o camareiro salga.
     Torpeza. Lei que domina o espírito de persecución, nun horizonte de entreditos e busca de culpables ("mesmo en casos de delitos cometidos por menores), para fomentar a intolerancia e discordia sectaria á realidade da vida e os homes.
     Na España doutros tempos chamabase malsín ó que "de segredo avisa á xustiza e advirte de delitos de mala fe e polo seu propio interese." É un feito que a lei de incitacións da Ministra de Sanidade xa están abrindo as portas ós malsineses. Nada é tan fácil como ignóbil traizón motivada por conveniencia, rancores ou malhumores, e presentado de forma anónima ou baixo unha identidade falsa: non hai mais que  envialas a calquera dos sitios web que lle cederan curso sen verificación (asi o pregonan) "a veracidade dos datos presentados polo denunciante. " Esta non é unha suposición: insisto, é un feito.
     Onde a actitude inquisitorial  e o celo puritano estánse a precipitar rapidamente cara a  vileza do novo artigo 7 º c, que xeneraliza a prohibición nas  "instalacións, servizos ou establecementos e, ao aire libre ou dentro de recintos cubertos ". En ningun outro lugar non habería máis xustificada que lugares fixos e as excepcións ao tabaquismo (e a droga). Pero os pais da patria, os nenos e orfos resumo moralizar toda a comprensión humana, a xente desprezan e situacións reais.
     Nas prisións e psiquiátricos o tabaquismo esta permitido "na parte exterior" ou "salas pechadas, equipadas." Para os enfermos e discapacitados están permitidos nas áreas ad hoc de enfermería, aínda que non ao aire libre medio ou nos seus cuartos. Cós pacientes hospitalizados cunha compracencia non baixa. Para as condicións que implica estar nesta hospitalizados, o lexislador engadiu, con crueldade, a tortura da abstinencia. "Que escándalo -que tentar, para satisfacer os impulsos de un paciente de cancro terminal de pulmón de abaixo, debe de xulgar-, satisfacer os baixos apetitos dun paciente terminal- de cáncro de pulmón. botarse uns pitillos!''. Con absoluta desestima dos datos, da vontade e sufrimento alleos, sacrifica ó individuo cercano no altar dun remoto ideal xenérico. Librenos Deus dos altos principios.
P.S. Na miña vida eu fumei un só cigarro.


[FRANCISCO RICO 11/01/2011, EL PAÍS]




*Versión traducida ó galego de '' Teoría de la realidad de la ley contra el fumador ''.

Novo Blog de Filosofía

Neste Blog trataremos a anatomía ou análise dunha polémica.