2011/03/29

Orixe da polémica

 Todo comezou por un artículo publicado polo académico Francisco Rico na sección de opinión do xornal ''El Pais'', neste artículo criticou a lei anti-tabaquismo e para dar maior credibilidade á súa argumentación, escribiu que na súa vida nunca había fumado un cigarrillo. De súpeto saltou a polémica, porque sí fuma, e moito. En vez de recoñecer que había metido a pata, Rico xustificase dicindo que era un recurso literario. Na súa defensa saíu Xavier Cercas, que sostiña que o periodismo é un exercicio de comprensión imaxinativa do presente.


   Neste momento entra na polémica Arcadi Espada, periodista e intelectual español que opina que o uso deliberado da mentira nun artículo periodístico e o mesmo que enganar ó lector, pensa que a utilización dunha falsedade para aportar consistencia a un argumento é máis propio dun charlatán ca dun intelectual. Ante este ''recurso literario'' de Rico, Arcadi Espada publica un artículo inventado sobre a detención de Cercas nun prostíbulo de Arganzuela para demostrar se esa mentira lle parecía unha ironía literaria. Esta resposta de Arcadi Espada compón ó corpo da polémica que se desenvolve entre ambos intelectuais.




    *Próximamente análise dos argumentos aportados por cada periodista.


7 comentarios:

  1. Hola, iníciome neste acolledor blog, e que máis, que comentar un pouco sobre ese misterioso significado do P.S. de Rico que tanta polémica trouxo.
    Ben para empezar decir que eu teño 2 maneiras (bastante diferentes) de interpretar o post scriptum. A primeira basase en que "En mi vida he fumado un solo cigarrillo" e unha oración verdadeira; xa que entendo como significado desta que na súa vida fumou un solo cigarrillo, senón que fumou ou ningún, ou máis de un, pero un; xamáis. Como se explica isto? Ben, todo e fixarse na sintaxis e ir analizando a frase co que acabas por descubrir que o significado da frase e que exactamente un cogarro non probou; senón que foi máis ou menos; pero un non.
    A outra maneira de ver o P.S. é velo como unha simple ironía; na que o significado da derradeira frase é que nunca fumou. Para entendelo desta maneira básome no primeiro artigo de Cercas; onde fala da verdade factual e moral.
    Buenp ate aquí o meu comentario.
    Un cordial saudo.

    ResponderEliminar
  2. Parece moi interesante a túa maneira de interpretar o post scritum. Non vexo por que non pode ser válida esta interpretación e ademáis en caso de que Rico escribise o P.S. coa intencion de reflexar o que ti ben dis non estaría faltando á verdade.

    ResponderEliminar
  3. Alex e Inés, sinto comunicarvos que a miña opinión dista moito da vosa. Podería ser aceptable esa interpretación que Alex fai do Post Scríptum se non houbera sido o propio profesor Rico o que xustificara era afirmación ("En mi vida he fumado un solo cigarrillo") dicindo "Je est un autre(Rimbaud), la escritura no es la autobiografía". Así con esa frase deixaba claro que escribía o seu "eu escritor" e non tiña por que coincidir co seu "eu biográfico". É dicir, quen escribiu o artigo non era el mesmo, o fumador empedernido, senón o seu personaxe . E aquí é onde radica a polémica, porque como ven afirma Milagros Pérez Oliva no seu artigo “La impostura de un fumador” se empregamos ese recurso literario propio das novelas no periodismo a distinción entre a veracidade e a falsidade dos feitos narrados sería practicamente indiscernible para o lector.

    ResponderEliminar
  4. Cadavre exquis, bouche dar a razón, non me fixara eu no detalle ese da xustificación "je est un autre", polo cal queda demostrado que tomar o P.S. como unha frase verdadeira e estar errando.
    Por outro bando penso que nun periodico deberiase decir a verdade factual tal e como é, pero nun artigo de opinión facer un P.S. coma ese non o vexo nada mal. Máis que anda eu tomo como unha ironía; Rico remata o seu escrito ca broma de que el non e fumador; so iso, unha simple broma. Por que non penso que podería ser unha mentira para fortificar os seus argumentos? Ben, Rico e un periodista bastante veterano, e penso que se quixese mentir, non o faría precisamente con esa frase xa que sabe ó que se expón.
    Un saudo.

    ResponderEliminar
  5. Ti o tomas como unha broma e eu entendo perfectamente o por qué desa apreciación, xa que nós, como alumnos de 1º de Bacharelato, coñecemos perfectamente que Rico non é fumador; é unha cheminea. Pero, que pensarías se un día abriras o periódico e prestaras atención á apostilla de Rico? Como eu e máis xente, teño case a total convicción de que ti chegarías á conclusión de que en realidade el non fumou nin un cigarrillo na súa vida. Porque aínda que chegaches á conclusión astuta (aínda que non acertada neste caso) de que a ambigüidade do P.S. “En mi vida he fumado un solo cigarrillo” pode interpretarse de dúas formas ben diferentes, nese momento dubido moito que te decantaras pola opción de que nunca fumou ningún. O que pretendo dicir con todo isto é que a ironía está ben, sempre que sexa apreciable para a maioría dos lectores da túa opinión. E unha última observación: non creo que Francisco Rico se xogara demasiado con ese P.S.

    ResponderEliminar
  6. Non se xoga demasiado? acaso a revolta que se causou, non foi a raiz do post scriptum?
    Un cordial saludo

    ResponderEliminar
  7. Non estou de acordo coa interpretación de Alex xa que foi o mesmo Rico quen dixo que a P.S a empregara co "eu escritor" polo que non se refería a súa vida xa que non escribía co "eu biográfico", e penso tamén, que non se debería mezclar a literatura co periodismo, xa que sen aclaracións, non saberíamos distinguir un "eu biográfico" dun "eu escritor" porque se dito recurso se leva adiante, como faremos á hora de interpretar unha noticia se non somos capaces de distinguir este recurso nun artigo de opinión?

    ResponderEliminar