Ben, o tema que vou a intentar tratar é o caso Bauluz nombrado por Arcadi Espada do que xa todos teredes unha simple idea e do que pretendo dar a miña visión ante tremenda farsa.
Javier Bauluz é un fotoperiodista español que é mundialmente recoñecido pola calidade das súas fotografías, como o marcan premios como o Pulitzer. Ademais imparte clases na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona e entre os seus traballos está o de vicepresidente dunha ONG e o de director do Taller de Periodismo da Universidade de Oviedo desde 2001 . Mostra unha gran preocupación polo terceiro mundo e manifestao nas súas fotografías e libros entre os que destaca “Ruanda, amor en tiempos de cólera”. Outro aspecto da súa biografía é unha publicación na portada do “New York Times” e diversos medios de España,
Brasil, Alemania, Australia, Francia, etc coa que gañou o Premio Godó de Fotoperiodismo en 2001.
Na fotografía podemos observar unha parella na Praia de Tarifa que semella mostrar unha gran indiferencia sobre o cadáver dunha inmigrante que se atopa a escasos metros deles, o primeiro que pensamos o ver tal atrocidade é que esas persoas non teñen sentimentos. Son mostrados á sociedade como símbolos da <<indiferencia do primeiro ante o terceiro mundo>>, como se aquela persoa atopada na praia non merecese de eles nen sequera unha mirada de compaixón. Gran traballo desde logo facernos caer en tal engano. Analizando con máis detemento a situación atopamos varias posibilidades: A primeira é que a parella de bañistas non se decataran da presencia do cadáver; improbable, estamos a falar dunha persoa que estaba a “escasos metros”, algo asi veríase desde a outra punta da praia. A segunda posibilidade é que a parella si mostrara esa indiferencia como nos retrata Bauluz; si, pode ser, non podemos descartalo posto que non podemos coñecer a súa personalidade nin saber o que estaban pensando nese momento, pero se temos estas dúas en conta chegamos á terceira posibilidade; os bañistas eran conscientes do que estaba sucedendo e simplemente foron utilizados como títeres, manipulados para defender unha idea.
Esta é outra fotografía sacada polo mesmo Bauluz “ Vista general sobre la playa” que mostra a realidade do que estaba a pasar ese día, na que podemos ver unha distancia considerable entre a parella e o cadáver . Con palabras de Arcadi Espada no seu artigo publicado na revista Lateral http://issuu.com/verpuerto/docs/vista_general_sobre_la_playa reafirmo a miña posición de que a outra fotografía foi un engano “Si se abre el ángulo y lo que se muestra es contradictorio con el original seleccionado , entonces la foto es falsa”, “El propio Bauluz reconoce que la Guardia Civil trazó un circulo en torno al cadáver y no dejaba que nadie no autorizado lo traspasara”, “El material demuestra que la cercanía entre el cadáver y la pareja es un mero efecto óptico provocado por el fotógrafo”.
Agora ben, non notades un aspecto deste tema relacionado coa polémica que estamos a tratar? Para min esta fotografía é un caso bastante semellante o discutido P.S de Rico, defender unha idea propia cunha licencia para fortificala ante a sociedade, para que nos pensemos, si o que di é certo toda a idea en si tamén debe selo, para entendelo mellor, sería como o asunto da lei antitabaco, ó ler a última frase a idea de que a lei antitabaco non é unha boa opción reafirmase. Polo tanto, na fotografía se esa parella mostra tal indiferencia, debe ser certo que esa indiferencia hacia o terceiro mundo existe, é dicir, a idea de Bauluz reafirmase. Pero seguimos co mismo problema, o medio no que estas ideas se están trasmitindo é un medio de comunicación e información, e por tanto, non son lugares nos que teñan cabida licencias nin fotografías manipuladas, o único que pode existir nos medios de comunicación é a realidade, a verdade pura e simple. Aínda así, si podemos denotar unha diferencia entre Rico e Bauluz. Rico minte acerca dun aspecto propio, pero na fotografía quen está debaixo desa sombrilla non é Bauluz senón dúas persoas que non temos a certeza de que estivesen colaborando co fotógrafo, dúas persoas que saíron nun xornal como imaxe dun primeiro mundo despreciable que non se inmuta nin ante a morte, dúas persoas que de seguro saíron perxudicadas. Por último quería decir que non estou en absoluto desprestixiando os ideais de Bauluz posto que penso que poderia decir que estou de acordo con eles, aínda que é un tema complexo para tratar neste momento, pero non aprobo para nada o descaro e a manipulación co que traballou este caso, enganando á sociedade e recibindo premios por iso.
P.D: Desculpas se o meu comentario é tan subxectivo como o foi a súa fotografía.
Por el Novo Blog de Filosofía el 26/04/11
[[[[[[[COMENTAR]]]]]]]
Por el Novo Blog de Filosofía el 26/04/11
[[[[[[[COMENTAR]]]]]]]


Maria pareceme moi bo o teu comentario e estou contigo, para min parece mal o que fixo Bauluz, xa que manipular e enganar con ese traballo non me parece propio dun profesional.
ResponderEliminarEu estou de acordo contigo, e noraboa pola entrada, está moi ben.
ResponderEliminarCreo que o que fixo Bauluz é un gran traballo e ten razón que nos mostramos indiferentes ante situacións do terceiro mundo, pero non me parece para nada xusto que utilice a esas persoas, porque como ti dis esa fotografía seguro que lles perxudicou, a min persoalmete non me gustaría estar no seu posto.Eu tamén opino o mismo en que o tema do PS e a foto é un caso similir, xa que os dous están ocultando parte da realidade.
Estou de acordo coa entrada de Maria. Penso que non se debe mentir nin manipular nun medio de comunicación aínda que sexa para dar máis apoio o asunto tratado. Creo que tanto no caso de Rico como no de Bauluz o fin non xustifica os medios. Bauluz critica unha situación que é verdade que está pasando pero manipulando unha foto polo tanto enganando a xente. Entón a crítica que fai sobre a indiferencia do primeiro mundo respeto ao terceiro nesa foto é completamente falsa xa que non nos mostra a realidade tal e como é.
ResponderEliminarSi estou de acordo con vos, pero para min o de Rico non e tan grave como esto, o ps de Rico e falso si, pero mentiu él sobre a sua vida, pola contra Bauluz manipula unha fotografia que perxudica a xente e mostra unha actitude lamnetable. Para min os dous minten (Rico e Bauluz) cousa que non esta ben feita pero como xa dixemos nun artigo de opinión e donde mais se pode mentir o esta mais permitido.....pero Bauluz non o fixo asi. con esto non estou defendendo a Rico parece mal o que fixo, non me entendades mal...pero non me parece o mesmo.
ResponderEliminarFelicitar a María polo comentario da noticia antes de nada... moi ben! Estou dacordo contigo completamente...! Decir tamén, que a calidade que ten Bauluz para sacar estas fotos e capatar a realidade da forma que quere é moi boa, pero neste caso non me parece para nada acertada, xa que está "distorsionando" a verdadeira realidade completamente. Tamén dicir que o caso Bauluz non se parece en nada ao caso de Rico, xa que Rico o que está a facer é contar unha a SÚA propia mentira, mentres que Bauluz está metendo na mentira a persoas inocentes como as que salen na foto e ademais, o que está e contando o seu parecer da sociedade, que según el, "deixa de lado ao Terceiro Mundo" e eso non me parece de todo acertado....
ResponderEliminarPD: o comentario anterior é de Alberto Seoane Sebe, o que pasa e que non supen como poñer o meu nombre no perfil...
ResponderEliminarPois eu creo que Bauluz non mentiu o que aparece na foto e verdade, a parella estaba sentada e o cadaber estaba na praia.O único que fixo foi sacar a foto dende un ángulo que a el lle pareceu apropiado.
ResponderEliminarO comentario está moi ben, gustoume.
ResponderEliminarBauluz aproveitouse do angulo e da situacion me parece. Sinceramente, creo que de algunha maneira formou parte do que el denunciaba. Denuncia a indiferencia do 1º mundo cara o 3º. Él mostrouse indiferente ao utilizar a esa parella de bañistas, aproveitouse deles para facer unha mostra xeral de algo que nese momento (na plaia), non estaba sucedendo (a indiferencia cara o cadaVer).
Non sei si me expliquei ben...
Estou de acordo con María. Ao mostrar en medios de comunicacións imaxes así, non está mostrando nada máis que o aspecto descorazonador da "foto": a indiferencia do primeiro mundo ante o terceiro. Igual que no caso de Rico, a miña opinion é a mesma, a realidade tense que mostrar tal e como é. Estes casos recordanme moito á política, aproveitando que veñen aoa as elecións municipais, todo político na súa campaña leva a realidade polo camiño que el quere excluindo partes desa realidade que non conveñen dicir. Isto é igual. Solo se mostra o aspecto que conven para criticar o primeiro mundo a través de dúas persoas anónimas que simplemente estaban a disfrutar dun día de praia
ResponderEliminarP.D: Son Xenxo. Non sei como poñer o nome igual que lle pasa a Seoane
ResponderEliminarPara escoller un nick, debedes seleccionar donde pon Nome/URL e escribides o nome que queirades.
ResponderEliminarA min o simple feito de que sacara esta foto xa me parece unha violación do dereito á intimidade das persoas que saen nela, por que dudo moito que desen permiso para tomar esta fotografía na que se lles deixa coma a uns desnaturalizados...
ResponderEliminarEu estou de acordo con Ines xa que penso o mismo, non creo que lle pedira permiso para sacar a fotografia as persoas que salen nela.
ResponderEliminarAparte creo que o fotógrafo quixo sacar a fotografía desta maneira para que nos chamara a atención e falasemos dela porque se só saira a verdadeira chamarianos a atencion pero non tanto como a da polémica.
Eu creo que de algunha maneira Bauluz converteuse no que estaba denunciando. El dicia que o 1º mundo se aprobeitaba do 3º mundo como lle conviña. Bauluz fixo o mesmo, utilizando unha parella que non sabia o que ocorria, ó seu proveito. Non sei si me expliquei ben.
ResponderEliminar